‘Berberecho de Noia’

A marca colectiva ‘BERBERECHO DE NOIA. RÍAS GALEGAS. PESCA ARTESANAL‘ é un distintivo para diferenciar os berberechos (Cerastoderma edule) capturados nas autorizacións e concesións recollidas no Plan de Explotación para autorizacións de marisqueo a pé e de marisqueo á boia, por profesionais de marisqueo a pé e á boia incluídos dentro do Plan de Explotación en vigor da Confraría de Noia e comercializados mediante algunha das lonxas xestionadas pola propia confraría.

 

Garantías da marca

Todos os berberechos amparados baixo a Marca Colectiva ?Berberecho de Noia · Rías Galegas · Pesca Artesanal? cumpre as seguintes características:

  • Garantía de orixe: produto capturado na Ría de Noia.
  • Tipo de pesca: produto capturado con artes de pesca artesanais e sustentables.
  • Calidade e autenticidade: produto capturado no seu momento óptimo de consumo.

Regulamento da marca colectiva

Podes descargar o regulamento da marca colectiva neste enlace.

Manual de identidade corporativa

Podes descargar o manual de identidade corporativa neste enlace.

Podes descargar os logotipos para o seu uso ou edición neste enlace.