A Confraría de Pescadores S. Bartolomeu de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial os concellos de Noia e Outes, concellos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.
Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as do montón os que voluntariamente están asociados á entidade, ademais doutras 200 persoas que acoden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar cos bancos naturais de Noia.
A Confraría comercializa unicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante. Tamén se comercializan:
- ameixa babosa,
- ameixa fina,
- ameixa japónica e
- ostra.
Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e Ou Freixo (Outes).
A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realízase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.
A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadeiro propio, polo que a rastrexabilidade do produto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadeiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquera persoa ou empresa que desexei comprar produtos da lonxa depurados na depuradora da lonxa de Testal.