BO31C3F1_1

O berberecho de Noia cotizou ó alza na reanudación da actividade

Os 1.600 mariscadores que faenan nas concesións noiesas regresaron aos areais coa incerteza de se as cotizacións do produto estrela, o berberecho, poderían verse afectadas o parón de catro semanas decretado polo Intecmar ante a elevada concentración de marea vermella. Non foi así.

O valor medio do bivalvo incrementouse con respecto ao da última xornada, a do 2 de outubro. Así, dos 5,805 euros aos que se poxou nesa data o de terceira categoría en Testal, o máis abundante, pasouse aos 6,39 euros de onte. No caso do de segunda, o aumento foi menos significativo, pero, en calquera caso, o valor excedeu os 7 euros.

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

Tags: No tags

Add a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *