Skip to content Skip to footer

Berberechos ao vapor con aromas cítricos

Receta-Berberechos-al-vapor
Unha receita sinxela  e chea de sabor, que realza a calidade do Berberecho de Noia sen enmascaralo. O toque cítrico e herbal da herba luisa combina á perfección coa frescura dos berberechos. Un aperitivo lixeiro, aromático e perfecto para calquera ocasión especial. Descobre como preparar esta receita de berberechos ao vapor en poucos minutos e desfrutar de todo o sabor do mar cun toque diferente.

Ingredientes

Para 4 personas
  • 800 gr de Berberecho de Noia
  • 10 follas de herba luisa
  • 50 ml de viño branco seco

Preparación paso a paso

1. Lavar ben os berberechos en auga fría para eliminar restos de area e escorrelos.
2. Colocar unha cazola ampla a lume medio, engadir o viño branco e levalo a ebulición suave.
3. Incorporar as follas de hierbaluisa lixeiramente rotas coa man para que liberen os seus aromas.
4. Engadir os berberechos, tapar a cazola e abrilos ao vapor durante 2-3 minutos, ata que se abran.
5. Retirar inmediatamente do lume e dar un lixeiro vaivén á cazola para que os berberechos se impregnen do caldo aromatizado.
6. Servir quentes, co seu propio mollo, en cunco ou cazola. Opcionalmente, pódese rematar cunhas gotas de aceite de oliva suave ou un toque de ralladura de limón ou lima moi fina.