Skip to content Skip to footer

Berberechos con zaragallada de alga wakame

Unha receita que combina tradición e innovación para un produto único, o Berberecho de Noia. A zaragallada, un clásico da cociña galega, incorpora nesta ocasión o toque mariño da alga wakame, creando unha combinación orixinal que realza o sabor intenso e a calidade dun produto único.

Ingredientes

Para 4 persoas
  • 800 gr de Berberecho de Noia
  • 1 cebola grande
  • ½ pemento vermello
  • ½ pemento verde
  • 1 tomate maduro rallado
  • 50 ml aceite de oliva suave
  • 1 culler pequena de pemento doce
  • 1 culler de alga wakame fresca ou deshidratada
  • 50ml de viño branco

Preparación paso a paso

  1. Nunha tixola ampla, quentar o aceite e engadir a cebola picada fina.
  2. Refogar a lume baixo, sen présa, ata que estea branda e lixeiramente dourada.
  3. Incorporar os pementos vermello e verde e continuar a cocción a lume suave ata que estean completamente tenros.
  4. Retirar a tixola do lume, engadir o pemento doce e mesturar ben. Volver poñer ao lume, engadir o tomate e cociñar durante un par de minutos.
  5. Incorporar o viño branco e deixar que se evapore o alcohol. Engadir a alga wakame picada e mesturar ben todos os ingredientes..
  6. Incorporar os berberechos á zaragallada, tapar a tixola e deixar que abran coa calor durante 2-3 minutos, movendo suavemente o recipiente para que se impregnen do sofrito.
  7. Rectificar o punto de sal se fose necesario e servir ben quente, acompañado dunha boa bola de pan.