Skip to content Skip to footer

Berberechos con viño branco e manteiga de allo

En apenas 10 minutos podes preparar un aperitivo que leva o mellor da ría de Noia directamente á mesa. Cun bo viño e coa calidade dos Berberechos de Noia terás un prato rápido, sinxelo e cheo de sabor a mar. 

Ingredientes

Para 2 persoas:
  • 500 g de berberechos frescos
  • 30 g de manteiga (aprox. 2 culleradas soperas)
  • 2 dentes de allo moi picados
  • Zume de ½ limón
  • 50 ml de viño branco seco (un bo grolo)
  • Perexil fresco picado ao gusto

Preparación paso a paso

  1. Limpar os berberechos.  Coloca os berberechos nun bol grande con auga fría e dúas culleradiñas de sal. Déixaos repousar arredor dunha hora para que eliminen a area. Despois, enxáugaos ben baixo auga corrente.
  2. Preparar a base.  Nunha tixola ampla, derrite a manteiga a lume medio. Engade o allo e sofrióno suavemente durante un minuto, con coidado de que non se queime.
  3. Engadir o viño e o limón.  Virte o viño branco xunto co zume de medio limón e deixa que ferva uns segundos ata que se evapore o alcohol.
  4. Cociñar os berberechos.  Incorpora os berberechos, remexe e deixa que se abran a lume vivo durante 4–5 minutos. A metade da cocción engade o perexil picado.
  5. Servir ao momento.  Coloca os berberechos nunha fonte e verte por riba a salsa de manteiga, allo e viño. Goza do prato ben quente.

Consellos adicionais

  • Non deixes os berberechos máis tempo do necesario ao lume. En canto se abran, están listos. Se se cociñan en exceso, a súa carne pode endurecerse e perder o sabor delicado.
  • Podes substituír a manteiga por aceite de oliva virxe extra para unha versión máis lixeira.
  • Con manteiga clarificada, a salsa gaña intensidade e un brillo especial.
  • Engadir unha presiña de pementa negra recién moída realza o sabor do viño e do limón.