Skip to content Skip to footer

Alberto Chicote descubriu o sabor e a tradición do Berberecho de Noia

O Berberecho de Noia organizou un evento que busca poñer en valor este produto único e o traballo das mariscadoras e mariscadores da ría. 

Lonxe de vivir unha das súas televisivas pesadelos na cociña, Chicote mostrouse entusiasmado coa experiencia. 

Acompañado por un grupo de blogueiros e cociñeiros, o chef madrileño viviu en primeira persoa o proceso de extracción, xunto coas mariscadoras da Confraría de Noia. Alí explicáronlle con detalle os cupos por produtor, os períodos de traballo e os paróns obrigados pola toxina. 

Entre risas e curiosidade, Chicote non dubidou en coller o rastro e probar sorte rañando a area, participando así na faena. 

Tras a experiencia nos bancos marisqueiros —a visita a flote tivo que cancelarse polo mal tempo—, a comitiva desprazouse á lonxa de Testal, onde o chef puido observar o proceso de clasificación e pesado dos bivalvos, e comprobar a magnitude das toneladas de berberecho fresco que chegan a diario. 

Pola tarde, o chef madrileño protagonizou unha clase maxistral de cociña no Liceo de Noia ante un público entregado. Alí preparou tres pratos nos que o berberecho foi o gran protagonista: 

  • Lasaña de berberecho, guacamole e mojo vermello 
  • Ramen de berberecho, polo e touciño 
  • Puré de coliflor fritida con gyozas de berberecho e polo 

O chef confesou a súa paixón por este produto, que tamén se serve nun dos seus restaurantes. Coa súa visita, Alberto Chicote axudou a difundir a excelencia e o valor gastronómico do Berberecho de Noia, un produto que hoxe é símbolo de calidade, sostibilidade e orgullo galego.